GALICIA DESIGN WEEKEND-Festival del diseño-julio y agosto


Le informo que los días 30 y31 de julio se celebrará en A Coruña, un Festival del Diseño, con un formato híbrido presencial y oline, que reunirá el mejor deseño gallego, además de referentes internacionales: Galicia Design Weekend #GDW21.

Más abajo encontrará toda la información relativa a este evento que promueve el Cluster de Comunicación de Galicia.

É un pracer anunciarvos que, os vindeiros 30 e 31 de xullo, na cidade da Coruña,  vaise celebrar un festival  do deseño pioneiro na comunidade cun formato híbrido, presencial e oline, que reunirá o mellor do deseño galego xunto con referentes internacionais: O Galicia Design Weekend #GDW21.

Este evento, organizado polo Cluster da Comunicación de Galicia e a  axencia  Follow, coa Asociación Galega de Deseño (DAG) como socia, será de acceso gratuito.

Conta tamén  cun completo programa de desenvolvemento sostible nos eidos ambiental e social. Así, a pegada de carbono do festival será comunicada e compensada.

PROGRAMA GDW -4 EIXOS DIFERENCIADOS

A programación do festival divídese en catro eixos:

Pro: conferencias, charlas e proxeccións na Fundación Barrié. Precisa inscrición previa: www.dice.fm.

Showcase: exposicións, hasta finais de agosto, na Fundación Barrié e nos Cantóns.

Showroom: escaparate dixital de creación e espazos de deseño galegos na web do Festival.

Creative Camp: workshops e portfolio review na  Fundación Luis Seoane. 

PRO: 2 DÍAS DE CONFERENCIAS E PROXECCIÓNS

O Pro do Galicia Design Weekend terá lugar na Fundación Barrié os días 30 e 31 de xullo de 10:00 a 20:00 horas e acollerá dous días enteiros de conferencias e charlas con profesionais de referencia do deseño en Galicia e a nivel internacional que poderán seguirse de forma presencial ou online. Tamén incluirá a proxección de documentais de deseño seleccionados pola Asociación Galega de Deseño (DAG) os dous días de 16:00 a 17:15 horas. Para poder asistir é necesario obter a entrada gratuíta na plataforma www.dice.fm

SHOWCASE: EXPOSICIÓNS  #omellordeseñodoano #novodeseñogalego

No Showcase haberá dúas exposicións dedicadas ao deseño que estarán desde o 30 de xullo e ata o 29 de agosto en diferentes espazos da cidade.

A Fundación Barrié acollerá a expo #omellordeseñodoano, cos traballos e traxectorias galegas premiadas en diferentes certames de prestixio internacional.

Cantóns serán o escenario na rúa da exposición #novodeseñogalego, cunha mostra do mellor talento emerxente da comunidade

MÁIS INFO E DATOS

Web:  www.gdw.gal

Entradas acceso PRO: www.dice.fm

Evento Gratuito

Evento físico & online

Espazos: Fundación Barrié , Cantóns, Fundación Luis Seone

PATROCINADORES E COLABORADORES

Porque ó final, todo esto é posible grazas a unha importante rede de apoio:

Xunta de Galicia, a través do Fondo de proxectos culturais Xacobeo 2021-2022 e da colaboración da Axencia Galega de Innovación (GAIN), o Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña e a Deputación da Coruña.

Tamén colaboran co festival a Fundación Barrié, a Fundación Luis Seoane, a Fundación DIDAC, Studio Follow, o FAD, DICE, Verde e Miraveo.